OBRAS DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DA PISCINA MUNICIPAL DA ROCHEIRA EN CORISTANCO.

Finalizadas as obras de renovación das instalacións da piscina municipal de Coristanco, situada na zona da Rocheira.
Coa intervención realizada modernizáronse os vasos da piscina, dotándoos de novas zonas de praia e duchas, ademais de mellorar a accesibilidade dos vestiarios e o sistema de depuración. A renovación das zonas de praia realizouse dotándoas dun acabado de baldosas de gres antiescorregadiza. Tamén se pintaron os fondos e as paredes dos vasos, ademais de instalar duchas exteriores e un ascensor acuático hidráulico. Acometeuse así mesmo a reforma integral dos vestiarios, o pintado da fachada do edificio e a demolición parcial do peche perímetral das piscinas para instalar no seu lugar outro novo con paneis de malla electrosoldada.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.