OBRAS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DA ENVOLVENTE DA CASA CONSISTORIAL. CONCELLO DE CORISTANCO.
Rematadas, tras un gran traballo de equipo de todos os profesionais implicados, as obras de Mellora da Eficiencia Enerxética da Envolvente da Casa Consistorial do Concello de Coristanco.
Os traballos consistiron fundamentalmente na execución dun revestimento exterior da fachada tipo SATE, renovación das carpinterías exteriores e cambio da cuberta de tella existente, a cal presentaba problemas de estanquidade, por unha nova cuberta a base de laminas de PVC.
Obra promovida polo Concello de Coristanco, cun orzamento de 149.999,99 € e un prazo de execución de tres meses.







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!